Ourense |
Saíu do cárcere logo de 28 días o investigado por causar o lume que comezou en Oimbra e que acabou sendo o segundo en importancia dos rexistrados en Galicia na vaga do 12 de agosto.
O acusado declarou á Xuiz; que non aprecia risco de fuga; que traballaba co seu tractor para facer un desbroce por encargo do concello. E en sede policial declarou que non se considera autor de lume algún.
O concello nega o encargo dos desbroces ese día e Medio Rural explicou que ordenou paralizar os desbroces o 29 de xullo.