Jácome retira da orde do día o punto sobre aprobación da contratación das luces de Nadal
O PP apoiou a Democracia Ourensana para que prosperara a retirada do punto
Ourense |
O pleno do Concello de Ourense aprobou hoxe por unanimidade a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para desenvolver o programa de
Así a nacionalista Rut Reza falou de falla de previsión e incapacidade mentres que a socialista Natalia González falou de parche e lembrou que ainda tardará en levarse a efecto.
En liña semellante expresouse dende a oposición a popular Noelia González,
Defendeu a proposta a concelleira de Democracia Ourensana Tamara Silva, quen negou que o grupo de goberno esté facendo recortes no apartado social.
En canto ó punto que recollía levantar os reparos da intervención municipal para contratar as luces de Nadal o PP respaldou a Democracia Ourensana para a retirada do punto da orde do día, o que non impedíu o debate no que o Bloque lembrou que ainda é adebedada a factura de luces do ano pasado.
Respostou o Alcalde lembrando que si non foi pagada a factura foi por que, estando autorizado o pago cos votos populares, cando chegou a pleno foi rexeitada pola maioría da oposición.
No arranque da sesión o Alcalde ordenou desaloxar a traballadores da empresa Hispamoldes que despregaron unha faixa reivindicativa no poleiro.