Ourense |
Foi unha mañá de martes temporalmente complicada para bancos, comercios e cidadáns habitantes do centro da cidade polos 3 cortes intermitentes de poucos minutos que alteraron o día a día ó non poder rexistrarse movementos bancarios, transaccións ou traballos co ordenador, ademáis de semáforos fora de servizo que complicaron puntualmente a circulación viaria.
O Hospital de Ourense é un dos puntos onde perdurou máis tempo, tendo que botar man dos xeradores.
A empresa Naturgy informou que a incidencia produciuse nunha liña de media tensión no Barbaña, localizándose a avaría nunha rúa de O Polvorín.
Estiman que unhas setecentas persoas se viron afectadas no seu quefacer diario en vivendas e negocios.