Memoria Histórica

Identificada unha terceira víctima na fosa dos 7 asturianos de Celanova

Trátase de Baldomero Vigil-Escalera, fusilado en 1939

Paco Sarria

Ourense |

Identificada unha terceira víctima na fosa dos 7 asturianos de Celanova | onda cero ourense

Como resultado das análises realizadas polo Laboratorio de Xenética Forense da Universidade de Santiago de Compostela, foi identificado outro dos 7 asturianos exhumados en Celanova e que foran fusilados en setembro de 1939. Trátase de Baldomero Vigil-Escalera; o máis novo dos asasinados.

As probas de ADN foron posíbeis grazas a colaboración dunha sobriña, Pilar, que en novembro pasado presentouse no IMELGA, en Verin.

Os mozos asturianos foron fusilados no muro oeste do cemiterio de San Breixo en Celanova, pola Bandeira de Falange de Marruecos.

Baldomero tiña 19 anos, era veciño Xixón e fuxira de alí no barco "Gaivota", sendo apresado pola armada franquista. Sometido a consello de guerra foi condenado a morte, ingresando no cárcere celanovense ata a sua execución.

Todo o proceso de investigación foi posible grazas ó Comité de Memoria Histórica da bisbarra de Celanova.