Gastronomía e turismo na ruta do viño do Ribeiro
Primaveira de Portas Abertas na D.O Ribeiro esta fin de semana
Ourense |
A Denominación de Orixe Ribeiro acollerá esta longa fin de semana a Primaveira de Portas Abertas na Ruta do Viño con actividades que combinan gastronomía, turismo e catas.
A presidenta en funcións da DO, Concha Iglesias, sinalou que estas actividades enoturísticas son unha iniciativa moi importante para a enobisbarra do Ribeiro e combinan sendeirismo, o tempo de ocio, a historia e o viño.
Como en edicións anteriores haberá un "Viño Bus" que sairá das cidades de Coruña, Santiago, Pontevedra, Ourense, Vigo e Ferrol, tanto o sábado como o domingo, con destiño a diferentes puntos do patrimonio histórico e a adegas do Ribeiro onde terán lugar as actividades enoturísticas especialmente deseñadas para esta iniciativa. Entre elas estarán a andaina "Ribeiro, igrexas e viño", paseos en ecobarco polo río Arnoia, o sábado de tapeo ou o concerto da banda ourensá Amarillo Trece na praza maior de Ribadavia.