Sucesos

A garda civil de Ourense desartella dúas bandas organizadas

Adicadas a asaltos no rural e roubo de cobre

Paco Sarria

Ourense |

A garda civil de Ourense desartella dúas bandas organizadas | onda cero ourense

A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “Sargento Moreiras”, desartellou unha organización criminal formada por 9 persoas das que 5 foron detidos e 4 imputados.

Os detidos son veciños de Xinzo de Limia e Ourense, de idades comprendidas entre os 22 e os 54 anos.

A Garda Civil impútalles un delicto de pertenza a organizacióncriminal, 3 delictos de roubo con forza (un deles con violencia e intimidación) ocorridos en Xinzo, tres delictos de roubo con forza en estancos de Castrelo de Miño, Celanova e Froufe de onde levaron tabaco por importe de 100 mil euros, tres delictos de roubo con forza en establecementos comerciais de Luintra e Ribadavia, levándose caixas rexistradoras, un delicto de estafa e outro de tenencia ilícita de armas.

Dous dos investigados son internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e un terceiro o é do Centro de Monterroso.

Por outro lado o Seprona da garda civil, no marco da operación Kypros tomou declaración en calidade de investigados a 4 persoas por un total de 14 delictos (4 por incendio forestal, 9 por roubos con forza e por pertenza a grupo criminal).

As pescudas concluíron que se adicaban ó roubo de cobre en Ourense, Lugo e Coruña, apoderándose de 4 mil metros valorados en 100 mil euros.