Solidariedade

A Garda Civil organiza a I Carreira Solidaria de apoio a Por Eles Tea

Trátase de dar visibilidade a esta doenza

Paco Sarria

Ourense |

A Garda Civil organiza a I Carreira Solidaria de apoio a Por Eles Tea | onda cero ourense

A Garda Civil de Ourense organiza este domingo a I Carreira Solidaria en apoio da Asociación Por Eles Tea. A proba comezará ás 11 da mañá. A iniciativa forma parte dos actos conmemorativas da celebración do Día da Patroa, (a Virxe do Pilar).

Dende a asociación agradeceron a visibilidade que esta iniciativa lles proporciona que contribúe á concienciación da sociedade e á inclusión deste colectivo.

No acto, o Subdelegado do Goberno, Eladio Santos, animou ós ourensáns a participar nunha proba que calificou como "festiva e lúdica, feita con moita ilusión".

O percorrido, por idades, vai dos 100 ós 700 metros partindo dende a Praza Maior tamén a proba absoluta.

Como complemento haberá unha exhibición de medios da Comandancia na praza de Bispo Cesáreo como os de rescate ou de localización e desactivación de explosivos.