Sucesos

A Garda Civil detén ós autor de roubos de gasóleo en O Barco

Operación Forito

Paco Sarria

Ourense | 12.08.2024 09:44

A Garda Civil detén ós autor de roubos de gasóleo en O Barco | onda cero ourense

Efectivos do Equipo Roca da Garda Civil de A Rúa detiveron a un veciño de O Barco como presunto autor de 11 delictos de roubo con forza e de 4 delictos de furto de ferramentas e gasóleo en vehículos estacionados en rúas próximas ó seu domicilio na capital valdeorresa.

No marco da Operación Forito, as pescudas comezaron en maio cando tras coñece-la existencia de roubos de gasóleo en camións detectaron como o detido actuaba en zonas próximas á sua residencia en horario nocturno, fracturando os cristais dos vehículos para apoderarse das ferramentas e forzando os depósitos para sustraer unha cantidade estimada de 1200 litros de combustible.

A Garda Civil recuperou parte do gasóleo que almacenaba en garrafas.

As pescudas continúan para localiza-lo paradeiro das ferramentas que vendía no mercado de segunda man.