Ourense |
A Fundación Franz Weber apela ás familias de Ourense para ter “sentidiño” en relación coa convocatoria dun desfile de renos na cidade con motivo da celebración do Nadal e promovido polo Concello.
Lembran nun comunicado que o emprego de animais silvestres en cautividade, fora do seu hábitat orixinario e en contextos climáticos alleos á súa realidade supón un menoscabo da súa integridade e benestar, como xa se víu en ocasións precedentes.
Por elo piden ás familias un sentido navideño crítico con este tipo de actividades que ademáis xeran división social en contextos de carácter lúdico.
Lembran que a empresa á que foi encomendado o encargo custa ós ourensáns 300 euros por minuto e que se trata dunha adxudicación a dedo.