Xudicial

A fiscalía de Ourense oponse ó arquivo da causa por prevaricación contra o Alcalde

Cifra os ingresos brutos anuais en 162 mil euros

Paco Sarria

Ourense |

El alcalde de Ourense y líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome | EFE

O fiscal Mario Brualla comunicou hoxe ás partes implicadas a súa oposición ó arquivo da causa que instrúe o Xuiz Leonardo Álvarez, que acusa ó Alcalde de Ourense dun presunto delicto de prevaricación, considerando acertados os fundamentos da acusación. Lembra que está a investigarse ó rexidor por ter cobrado un soldo de Alcalde baixo o réxime de adicación exclusiva, cando “o certo”, di o ministerio público, “é que realizaba actividades privadas que lle xeraban importantes beneficios “absolutamente incompatibles co soldo público”. Cifra esos ingresos brutos en 162 mil euros anuais, que duplicaban os ingresos por rendimento de traballo.

Considera ademáis que o seu labor en Auria TV conleva unha actividade consustancial para a súa xestión; actividade non desdeñable visto “os importantes ingresos”.

Lembra asemade que o asesor xurídico municipal, Juan Costas, non coñecía concretamente os ingresos das actividades privadas realizadas polo investigado.

Explica o fiscal no seu escrito que o Alcalde non pedíu a compatibilidade, pese a saber que tiña que facelo, porque sabía que lle la iban a denegar.

Por último, Brualla sinala que as probas denegadas á acusación non impiden a defensa en xuicio oral artellar a súa práctica, non sendo pertinentes en fase de instrucción.