O Festival Internacional de xardíns de Allariz tivo 35 mil visitas
O Xardín do Revés foi a proposta gañadora
Ourense |
A XIV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz contou este ano con máis de 35 mil visitas, segundo salienta o edil de Medio Ambiente Bernardo Varela. Esta edición foi desenvolvida baixo o lema "O xardín é unha obra de arte".
O edil deu a coñecer o resultado da votación popular que proclamou como gañador o titulado "O xardín do revés", presentado polo equipo madrileño "Esto no es un grupo de arquitectura", obtendo perto do 50% dos votos. Trátase dun xardín surrealista inspirado na arte de René Magritte, que cautivou ó público polo seu deseño onírico e misterioso. Un xardín que permañecerá no recinto do Festival durante o 2025.
O segundo premio, con un 15% dos votos, foi para "Entra nunha obra de arte" do equipo vienés "The Gallerist", mentres que o terceiro foi para un xardín portugués titulado "A galería de arte" de Hugo Rita, que obtivo un 9% dos votos.