A Feira Etnográfica Raigame acada a XXI edición
Vilanova dos Infantes (Celanova) acollerá un ano máis esta cita
Ourense |
Vilanova dos Infantes (Celanova), albergará por vixésimo primeiro ano a Feira Etnográfica Raigame coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Unha cita que, en verbas do presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, sitúase como "un dos tesouros etnográficos da provincia".
Este ano estará adicada aos doces, coa concesióndo premio honorífico "Adolfo Enríquez" a Concepción Fernández, irmá de "As Isoliñas", quenes durante 50 anos fixeron os seus célebres bolos en Celanova.
O presidente da Deputación, Luis Menor, agradeceu na presentación o labor da organización "polo seu empeño en seguir subindo o nivel" de esta cita cultural,poñendo en valor tamén a cooperación entre as institucións e a empresa privada.
O Alcalde de Celanova, Antonio Puga, valorou a crecente importancia desta festa etnográfica, salientando a demanda crecente de peticións para ocupar un espazo no burgo, convidando a participar nesta cita coincidindo coa ponte festiva.