Ourense |
Un traballador das obras do AVE en Ourense resultou morto e outro ferido nun sinistro laboral ocorrido esta mañá.
O sinistro laboral tivo lugar na boca norte do túnel do AVE en Rante, perto do polígono de Barreiros, no Concello de San Cibrao das Viñas cando un traballador faleceu e outro resultou ferido nunha perna ó quedar atrapados por unha peza dunha plataforma elevadora; unha peza metálica de 14 toneladas que se precipitou sobre a cesta da máquina elevadora na que nese momento traballaba o falecido, aplastando a estructura.
Foron os bombeiros os que realizaron a intervención para liberar o corpo do falecido, de orixe portugués e de 45 anos.
As obras corresponden á variante exterior da alta velocidade que debe conectar Taboadela coa estación intermodal de Ourense e nela operan subcontratas que realizan labores de revestimento do túnel.
As obras da Alta Velocidade en Galicia causaron xa máis dunha ducia de mortos; o primeiro dos que foi tamén un cidadán portugués afincado en Vigo no 2007.
Está aberta unha investigación para exclarecer as causas do sinistro.