Cultura

A exposición das Xornadas do Folklore chega a O Carballiño

As actuacións foron suspendidas pola vaga de lumes

Paco Sarria

Ourense |

A exposición das Xornadas do Folklore chega a O Carballiño | onda cero ourense

A pesar da suspensión definitiva das Xornadas de Folclore, a pegada das mesmas aínda se poder ver na mostra itinerante dos 40 carteis creados, durante estas catro décadas, por artistas ourensáns tan recoñecidos como Virxilio, Vidal Souto ou Alexandro e por fotógrafos destacados como Balvís, Doniz Vaquero ou Jorge Martínez.

A casa do Concello do Carballiño é o espazo expositivo no que se poderán ver os carteis do festival das Xornadas de Folclore, que naceu no ano 1984, dende hoxe até o 1 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Esta actividade paralela programada pola organización chega á vila do Arenteiro despois de estar exposta, dende mediados de xullo até o 18 de agosto, no concello de Celanova e ata onte na casa de Cultura de Allariz, por onde pasaron arredor de medio millar de persoas.