Estafa do amor facéndose pasar por médico militar en zona de conflicto
Dous detidos e un investigado
Ourense |
Unha nova “estafa do amor” tivo como víctima a unha muller ourensá da que tres persoas conseguiron obter 30 mil euros.
A Operación Xinromán desenvolvida pola garda civil deparou o desartellamento dun grupo criminal formado por 3 persoas, sendo detido un home de 28 anos en Bilbao, e unha muller de 74 anos, solicitándose tamén a orde europea de investigación para un italiano de 35 anos.
Os feitos sucedéronse na rede social Facebook onde a víctima contactou con un perfil falso de alguén que se fixo pasar por un médico militar destiñado nun campamento nunha zona de conflicto bélico. Unha vez consolidada a relación sentimental durante meses, o estafador comezou a esixir diversas sumas de cartos que foron transferidos por banco e tarxetas de plataforma de videoxogos, ademáis de por envíos postais.
A investigación revelou que os fondos eran desviados inmediatamente a contas bancarias nacionais e internacionais en Italia, Lituania e Eslovaquia, sendo transformados parcialmente en criptomoedas para enmascarar o seu rastro. Para elo empregaron documentación falsa usurpando a identidade dun cidadán de avanzada idade.
A rede criminal obtivo un beneficio estimado de 225 mil euros en menos de medio ano, dos que 84 mil foron enviados a contas estranxeiras e o resto retirados presencialmente en caixeiros viscaínos, onde tamén foron realizadas compras por valor de 16 mil.
A garda civil recomenda desconfiar de peticións económicas; verificar a identidade mediante videochamadas, protexer os datos personais e bancarios e estar alerta diante de perfís de profesión idealistas ou de risco.