Esclarecido un novo caso da estafa do amor
Detido un vallisoletano natural de Colombia
Ourense |
A garda civil de Ourense detivo a un veciño de Valladolid, de 29 anos e nacionalidade colombiana, como presunto autor dun delicto na modalidade coñecida como “love scaming” (estafa de amor), tras enamorar a un varón de 53 anos e veciño de Celanova, a quen pedíu cartos coa promesa do seu reintegro (algo que nunca chegou a producirse).
A operación “Loving Bear” comezou tra-la denuncia da víctima que aportou documentación de movementos bancarios de ata 22 mil euros.
A estafa remóntase a fevreiro do 2023 cando a víctima coñeceu a un home de orixe venezolana ó través dunha aplicación de telefonía móvil. Este estableceu coa víctima unha relación ó través de mensaxes con unha linguaxe romántica e afectiva, conseguindo un vencello sentimental intenso e de confianza.
Conseguido ese propósito, o estafador comezou a pedir distintas cantidade de diñeiro baixo diferentes excusas entre as que figuraba a de vir a España.
O estafado ingresaba os cartos a nome de outras persoas xa que o estafador do amor decía que non podía recollelos por manifestar que estaba sen papeis que legalizaran a súa situación.
A garda civil confirma a manipulación psicolóxica da víctima que facilitou o acceso ós seus datos personais, anulando calquera barreira de seguridade informática.
Neste tipo de casos recomendan desconfiar das relacións en liña que avanzan demasiado rápido; verificar as identidades das persoas que se coñecen ó través das redes sociais; absterse de enviar cartos e notificar este tipo de relacións a familiares e amigos.