VIVE A TÚA PROPIA HISTORIA

Entroido de Laza, ancestral e único

Os días grandes serán do 20 ao 25 de febreiro, pero, antes, os venres 31 de xaneiro e 7 e 14 de febreiro terán lugar os tradicionais folións a partir das 23 horas

Onda Cero Ourense

Ourense | 31.01.2020 14:18 (Publicado 31.01.2020 13:09)

Entroido de Laza | Onda Cero Ourense

[[DEST:Entroido de Laza. No mesmo lugar, o mesmo entroido]]

Declarada festa de Interese Turístico de Galicia, o Entroido de Laza 2020, coa figura do Peliqueiro como protagonista, bota xa a andar o 31 de xaneiro co primeiro dos Venres de Folión, que tamén terán lugar os días 7, 14 e 21 de febreiro. Todos empezarán ás 23 horas.

Os días grandes de festa comezan o xoves 20 de febreiro, co folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro a partir das 14:30 horas. Pola noite será a cea de comadres, con verbena a cargo da discoteca móvil Space.

O venres 21, pola tarde haberá cantigas e degustación de xastré e licor café polo bares de Laza, Cimadevila e Souteliño, ademais de pasarrúas co grupo de música tradicional Tanto nos ten e a charanga TNT. Á media noite será o Gran Folión do Entroido, no que soarán os chocos por última vez antes da estrea do Peliqueiro do domingo 23. Os folións percorrerán as rúas a escuras, só coa luz dos fachós de palla e acompañados polo son dos chocos, latas, bombos e demais instrumentos ruidosos.

O sábado 22 é o Sábado de Cabritadas, no que as rúas encheranse de animación musical a cargo da charanga Vaite Xa. Pola tarde será a Gran Fariñada dos nenos e pola noite a Troula e Cabritada dos mozos. A verbena correrá a cargo do grupo 3.com.

O 23 será o Domingo de Estrea dos Peliqueiros, que farán acto de presenza trala misa saudando aos fregueses. A continuación, repartirase na praza da Picota a bica do Peliqueiro.

Pola tarde, os Peliqueiros acompañarán as carrozas do desfile e pola noite actuarán as orquestras La Ola ADN e Xacobeo.

O luns 24 de febreiro será o Luns Borralleiro, coa Farrapada, a xitanada dos burros e os maragatos pola mañá. E pola tarde será a baixada da Morena dende Cimadevila, acompañada das formigas, toxos e cobelleiros. A continuación, repartirase cachucha con pan.

As orquestras Miramar e Metrópolis porán a nota musical nesa noite.

Por último, o Martes de Entroido sairán pola mañá os Peliqueiros veteráns e entrada a tarde será o tradicional desfile de carrozas, que dará paso ao testamento do burro, o enterro do Entroido e o loito dos Peliqueiros. A orquestra Nevada e a discoteca móvil Space porán o fin de festa a esta edición.

O Rei do Xamón | Onda Cero Ourense

E se Laza é un dos reis do Entroido, Moncho volve a ser o Rei do Xamón. O novo local abriu recentemente as súas portas na Praza do Eironciño dos cabaleiros.

Vive a túa propia historia | Gadasa