Nomeamento

Eladio Santos novo subdelegado do Goberno en Ourense

O valdeorrés fixo carreira política municipal en O Barco

Paco Sarria

Ourense |

Eladio Santos novo subdelegado do Goberno en Ourense | onda cero ourense

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nomeou hoxe a Eladio Santos Martínez, novo subdelegado do Goberno na provincia de Ourense. Blanco trasladou a Santos "a esixencia de impulsar os proxectos do Goberno de España", repasando con el os principais investimentos e programas planificados.

Blanco tamén salientou do novo subdelegado a sua longa experiencia profesional, sempre ligada á docencia na sua terra, ademáis da sua experiencia na vida municipal.

No acto foi recoñecido o labor do antecesor de Santos; Emilo González Afonso; como exemplo de profesionalidade e servizo público.

Eladio Santos tomará posesión este xoves no decurso dun acto institucional que terá lugar na propia subdelegación ourensá.