Deputación

O ex edil Telmo Ucha insiste en demandar a declaración patrimonial do Alcalde

Tamén piden a declaración de Antonio Fernández

Paco Sarria

Ourense |

Imagen de Gonzalo Pérez Jácome tras su investidura. Europa Press | Europa Press

O ex edil de Democracia Ourensana, Telmo Ucha presentou un escrito na Deputación para lembrar ó deputado e Alcalde que non poderá abandonar a corporación sen antes ensinar o que leva anos ocultado: a súa declaración de patrimonio.

Ucha tamén quere coñecer os datos patrimoniais do deputado de DO e edil, Antonio Fernández.

Lembremos que o 13 de febreiro o rexidor ourensán deberá prestar declaración xudicial por presunta apropiación indebida.

En Onda Cero o edil popular Pepe Araújo dixo que declarar o patrimonio é unha obriga legal.