Dous feridos graves nunha colisión múltiple en Alongos
Unha colisión múltiple acontecida esta mañá na autovía das Rias Baixas na localidade ourensá de Alongos, saldouse con dous feridos graves. Trátase do conductor e a ocupante dun dos turismos implicados, de 65 e 64 anos respectivamente, ambos veciños de Ourense.
No sinistro víronse implicados dous turismos e unha furgoneta. O conductor dun dos turismos, de 26 anos veciño de Carballiño saiu ileso o mesmo que o conductor da furgoneta, veciño de Ordes, de 33 anos.
ondacero.es
Ourense | 22.10.2013 12:25