Ourense |
A Policía Nacional de Ourense detivo en Ponferrada a dúas persoas (home e muller ourensáns), como presuntos autores dun delicto de estafa, despois de ter ameazado e esixido unha cantidade de cartos a un veciño da cidade ourensá, mediante unha aplicación de mensaxería.
A denuncia arranca no mes de fevreiro, cando o denunciante, tras consultar unha páxina de contactos, enviou mensaxes para concertar unha cita, comezando entón a recibir mensaxes ameazantes dirixidas tanto a el como á súa familia esixindo diversos pagos en compensación por supostas molestias ocasionadas. En concreto tres pagos consistentes en dous bizum de 750 euros e nunha transferencia de 1500 euros.
Instrúe dilixencias o xulgado de garda.