Sucesos

Detido en Ourense un home de 27 anos por abusos sexuais a unha menor

Os pais da menor descubriron material audivisual

Paco Sarria

Ourense |

En esta presunta agresión sexual sobre dos menores nacidas en 2009 habrían participado 10 o 12 adolescentes, de entre 13 y 16 años | Policía Nacional

Un home de 27 anos foi detido pola Policía Nacional acusado dunha presunta agresión sexual á súa sobriña de 7 anos.

Foi a familia a que realizou unha chamada de auxilio ó descubrir a magnitude dos feitos ocorridos nunha vivenda da rúa Nosa Señora da Saínza na que vivían varias persoas.

O detonante foi o material audiovisual de contido sexual atopado polos proxenitores.

MORRE Ó COLAPSAR A SÚA VIVENDA

Unha muller de 66 anos faleceu na aldea de Pereda, no Concello de Cartelle o derrubarse a súa vivenda.

Os servizos de emerxencia atoparon xa o cadáver baixo os escombros.

A alarma saltou ó pasadas as cinco da tarde de onte cando un veciño deu aviso.

A estructura colapsada (a planchada) tiña debaixo un espacio destiñado a animais e almacén.

A falecida, Emilia González, máis coñecida como “Milocha” era moi querida na locaidade e vivía soa.

LOITO EN SANDIÁS

O Concello de Sandiás decretou loito oficial pola morte de Guillermo Diós, de 18 anos, falecido no incendio de fin de ano nun bar na localidade suiza de Crans Montana.

O xoven era natural do pobo de Vilariño das Poldras.