Sucesos

Detido tras conducción temeraria e golpear coches da garda civil

Os feitos ocorriron na estrada Ourense a A Merca

Paco Sarria

Ourense |

Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil | Guardia Civil

A garda civil de Ourense detivo a un veciño de Cortegada de 25 anos tras darse á fuga nun control policial.

O detido carecía de permiso de conducir por perda de puntos e estaba buscado por un xulgado de Ourense para o seu ingreso na cadea por conducción temeraria no 2021.

A garda civil realizaba un control de alcohomelia e drogas na estrada OU-517 entre Ourense e A Merca cando ocorriron os feitos que derivaron na fuga e conducción temeraria con manobras evasivas do detido que chegou a golpear varias veces ós vehículos que o perseguían.

No momento da detención deu positivo en cocaína