Estupefacientes

Detido cando portaba droga en O Pino

Levaba cocanína rosa e marihuana

Paco Sarria

Ourense |

Detido cando portaba droga en O Pino | Policia Nacional

A Policía Nacional de Ourense detivo a un varón como presunto autor dun delicto contra a saúde pública.

A detención produciouse en O Pino cando axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, estableceron un dispositivo para a detección e control do tráfico de drogas.

O detido cruzaba a calzada por un lugar non habilitado, cando foi interceptado despois de que tentara desfacerse dun envase que portaba no seu peto.

No rexistro que lle foi realizado os axentes atoparon entre a roupa varios envases de cocaína rosa e marihuana.

Posteriormente foi posto a disposición xudicial.