Ourense |
A Garda Civil de Ourense, durante unha campaña de control sobre o transporte escolar detectou a un conductor que deu un resultado positivo no consumo de cocaína e benzodiacepinas.
Informado hoxe, os feitos ocorriron o pasado día 14 cando o autobús circulaba transportando 3 escolares de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.
O conductor deberá afrontar unha sanción administrativa de alomenos mil euros e a detracción de 6 puntos do carnet.
Dende o Subsector de Tráfico advirten que este tipo de conductas son casos aillados e puntuais e que o transporte escolar segue a ser un dos medios de transporte máis seguros.