8M

A Deputación de Ourense adica a campaña 8M ás mulleres músicas

Personificado en Mari Mar Blanco

Paco Sarria

Ourense |

A Deputación de Ourense adica a campaña 8M ás mulleres músicas | onda cero ourense

A Área de Igualdade da Deputación de Ourense, dirixida pola deputada provincial Teresa Barge, continúa coa campaña “8M, mes a mes”, coa que se lles brinda unha a todas as mulleres, para que o 8M non se quede só no mes de marzo, estando así presente durante todo o ano. Con motivo da celebración do Día da Música o 22 de novembro, a muller seleccionada pola Área de Igualdade para personificar este recoñecemento é María del Mar Blanco Moreno, música e profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. O lema seleccionado para este mes foi: “Rompendo con teclas o teito de cristal” María del Mar Blanco Moreno, madrileña de nacemento e galega de adopción, é unha recoñecida pianista, clavecinista e investigadora musical cunha traxectoria marcada pola excelencia e o compromiso coa igualdade. Licenciada en Historia e Ciencias da Música e cun máster en investigación musical, desenvolveu a súa carreira docente en distintos puntos de España, desde Béjar (Salamanca) ata Vigo, onde foi catedrática de clave. Na actualidade, reside no Pereiro de Aguiar e exerce como profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, unha institución pública de referencia que loita por achegar a música clásica a toda a sociedade e por visibilizar o talento feminino no ámbito musical.