A Deputación de Ourense adica o 8 de agosto a Zaira Vidal
É unha iniciativa da área de Igualdade
Ourense |
A Deputación Provincial de Ourense adicará este 8 de agosto á emprendedora Zaira Vidal Martín dentro da iniciativa "8M, mes a mes".
A iniciativa parte da área de Igualdade da institución e recoñece este mes, baixo o lema "Paixón sustentable" a esta emprendedora afincada no concello de San Xoán de Río, que conta cunha empresa de produtos naturais e cosmética sólida.
Este departamento provincial adica cada día 8 do mes unha iniciativa especial a honrar a mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ó longo da historia para poñer en valor a importancia da muller no mundo laboral e durante todo o ano.