A Deputación de Ourense abre prazo para o programa de Termalismo Social
O prazo arranca o día 28 de xaneiro
Ourense |
A Deputación Provincial de Ourense abre o prazo o día 28 de xaneiro para o programa de Termalismo Social en balnearios da provincia.
A novidade deste ano será o "Termalismo Azul", modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos de benestar emocional, propiciando hábitos de vida para unha lonxevidade saudable.
Esta modalidade inclúe un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base productos autóctonos recoñecidos pola súa calidade e con propiedades antiinflamatorias, antioxidantes e anticanceríxenas.
Este ano incorpóranse á programación os balnearios de Allariz e Berán.
Toda a información sobre esta iniciativa pode consultarse na web www.termalismourense.com