Ourense |
Un ex asesor do Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ven de denuncialo na fiscalía por usar medios públicos na sua televisión
O escrito que asina José Manuel Palacios tamén recolle o veto do Alcalde ós medios de comunicación.
A denuncia recollida polo xornal La Región explica por exemplo que o Concello adquiríu no 2020 material electrónico por valor cercano ós 9 mil euros que está a ser utilizado de xeito privado pese a ser mercado con fondos públicos.
Tamén detalla que o concello destiñou dende o 2021 perto de 179 mil euros ó pago de salarios e cotizacións sociais dun asesor político de Democracia Ourensana que desempeña funcións de cámara para Auria TV.