Municipal

O PP denuncia a mala xestión dos servizos sociais municipais de Ourense

Lembran que temos o índice de pobreza máis elevado de Galicia

Paco Sarria

Ourense |

Ana Mendez, portavoz do PP no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense denuncia o abandono dos servizos sociais por parte do Alcalde e reclama actuacións urxentes.

A voceira municipal Ana Méndez considera que a realidade “é moi preocupante” pero que “por desgraza” nos os colle por sorpresa que ó rexidor non lle interese este asunto.

Lembran que deixaron sen servizo dun día para outro ós usuarios do Comedor sobre Rodas, que se pagan con retraso as axudas de emerxencia social e que hai entidades sociais que levan dende o 2022 sen recibir subvencións municipais.

Engaden que foron eliminados os programas de conciliación familiar e que hai unha longa lista de agarda para conseguir cita nos Servizos Sociais Municipais.