Seguridade Cidadá

PP denuncia delincuencia a cargo de okupas na rúa Río Arnoia

Presentarán iniciativas en Concello, Parlamento de Galicia e Congreso

Paco Sarria

Ourense |

PP denuncia delincuencia a cargo de okupas na rúa Río Arnoia | onda cero ourense

Os populares ourensáns reiteraron a falla de seguridade na zona da rúa Río Arnoia debido as constantes liortas, acusando ó goberno municipal de inacción.

Peses ás numerosas iniciativas do PP no último ano, a edil Noelia Pérez explicou hoxe que as cousas están “peor” detallando frecuentes danos en vehículos.

Para Pérez, o Alcalde, Jácome e seu grupo de goberno “están a outras cousas”.

Por elo piden á administración local e á administración estatal que se impliquen para dar solución a esta problemática.

Neste senso dirixirán iniciativas tanto ó Parlamento de Galicia e ó Concello, como ó Congreso dos Deputados.

Á sua vez a deputada no Congreso Ana Vázquez denunciou que o fenómeno da “okupación” (que ven detrás desta situación) vai ó alza en toda España “okupándose” en Ourense o ano pasado 14 vivendas e 19 no que vai de ano.