Ourense | 31.05.2024 11:20
Como resposta á posibilidade dunha moción de censura no concello de Ourense, Democracia Ourensana enviou esta mañá ós dirixentes do PSOE e BNG na Deputación unha alternativa á presidencia da institución que actualmente ostenta o popular Luis Menor.
Explican nunha nota de prensa que o movemento obdece á resposta de PP, PSOE e BNG á posibilidade dunha moción de censura na capital.
En base ó comunicado, DO estaría disposta a tratar a 3 bandas un “novo rumbo” para a Deputación, anque con “liñas vermellas” por que “é casi imposible que non haxa condicionantes”.
Engaden que están dispostos a reunirse con PSOE e BNG cando estos consideren xa sexa antes ou inmediatamente despois das Eleccións Europeas.