Ourense |
Un dos principais lumes forestais ocorridos na provincia de Ourense afecta arestora á parroquia de San Millao, no concello de Cualedro, un dos tradicionalmente castigados polos incendios cada verán.
Sobre o terreo traballan 5 axentes, 9 brigadas, 2 técnicos,5 motobombas, 6 helicópteros e un avión, ademáis dunha pa.
Entre os efectivos figuran tamén os bombeiros holandeses que están a formarse no Centro de Tecnificación de Toén no marco do Mecanismo Europeu de Protección Civil.
Lembren que está ó dispor da ciudadanía o 085 en caso de detectar un lume e o 900 815 085 para as denuncias anónimas.