Municipal

O PP critica o abandono no que o Alcalde de Ourense ten o casco vello

Piden un plan urxente de revitalización

Paco Sarria

Ourense |

Ana Méndez (Voceira PP Concello de Ourense) | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP denuncia o estado de abandono absoluto do casco histórico e exise ó Alcalde un plan urxente de revitalización.

A voceira popular Ana Méndez fala de edificios ocupados, paredes cheas de pintadas, espazos públicos degradados e un número cada vez maior de comercios pechados, como proba visible de que o grupo de goberno de Democracia Ourensana non ten nin vontade nin proxecto para coidar o corazón e a identidade da cidade.

Lembra asemade que o Alcalde prometeu revitalizalo no seu programa electoral pero en realidade non fixo nada por esta zona en seis anos que leva gobernando.