Ourense |
Convulsión no seno socialista ourensán que coñecía onte a demisión do veterán edil Vázquez Barquero por motivos laboráis pero xusto despois de que suas compañeiras votaran por primeira vez a favor no concello dunha modificación de creto por máis de 25 millóns de euros para obras (algunhas das que están financiadas con fondos estatais, que é a explicación que deron para ese respaldo).
A nova sorprendeu xa que viña sendo tradicionalmente o PP o que, coa sua abstención, permitira a Democracia Ourensana sacar adiante este tipo de puntos.
Barquero formalizou a súa renuncia como edil en sede electrónica.