A Confederación Hidrográfica Miño-Sil elimina especies invasoras no Miño
Investidos 72 mil euros en saneamento de ribeira
ourense |
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil investíu máis de 72.000 euros na eliminación de especies invasoras no río Miño ó seu paso pola cidade de Ourense. De tal xeito foron retiradas as especies Arundo donax, Acacia dealbata, Ailanthis altíssima e Phyllostachys sp que son a caña, a acacia, o ailanto e o bambú que estaban presentes nun treito de 7 kilómetros.
Procedeuse a corta, apilado e retirada de rodais de cañas, traballos completados tra-lo rebrote das mesmas coa aplicación de herbicida sistémico de post-emerxencia, realizándose accións semellantes co resto de especies a erradicar.
Parellamente procedeuse a plantación manual de frondosas autóctonas que permiten recuperar progresivamente a vexetación de ribeira. Os traballos foron realizados por unha brigada composta por 5 operarios especializados por espacio de 3 meses.