Xudicial

Condenado en Ourense por estafar a unha muller para investir nunha clínica inexistente

Coñecéronse na rede social Facebook

Paco Sarria

Ourense |

Juzgados de Ourense | Juzgados de Ourense

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a 4 anos de cárcerea un home por estafar 160 mil euros a unha muller coa que contactou ó través da rede social Facebook e coa que mantivo unha relación sentimental.

A sentencia considera probado que tras gañarse a confianza da víctima convenceuna para participar como socia nunha clínica odontolóxica en Ponferrada coa promesa de beneficios e dividendos.

A muller estafada recoñeceu que para facer fronte ós pagos mesmo tivo que acudir ós fondos da conta de aforros que tiña co seu marido.