Condenado a 5 anos por abusos sexuais a unha menor
Abusou da filla de unha amiga
Ourense |
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a condena de 5 anos de cárcere que fora imposta pola sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense a un home por abusar da filla menor de idade de unha amiga entre o 2013 e o 2018 que foi o periodo no que convivíu con ambas no seu domicilio.
Os maxistrados confirman por outro lado a absolución da mesma persoa por un delicto continuado de abuso sexual e tamén dun delicto continuado de agresión sexual dos que viña sendo acusado por outros casos nos que se víu implicado con menores. Neste caso a resolución debeuse á falla de probas.