Sanidade

Concentración protestas contra os traslado do paritorio

Diversos colectivos feministas e SOS Sanidade Pública respaldal a mobilización

Paco Sarria

Ourense |

Hospital Ourense | Ourense.com

Diversos colectivos voltaron a concentrarse novamente en Ourense hoxe para demandar a paralización inmediata do traslado do paritorio prevista para este martes según os convocantes.

O traslado vai a producirse despois de diferentes incidentes no hospital Materno Infantil no que hai poucos días que tiña lugar a terceira caída dun falso teito o que levou á Consellería de Sanidade a clausurar esos espazos e reubicar provisionalmente as áreas de hospitalización pediátrica e obstetricia na actual unidade de ciruxía maior ambulatoria no edificio Cristal.

Pero as entidades convocantes advirten de carencias nestos espazos provisionais como a ausencia dunha sala para o parto natural, dunha bañeira de partos ou a falla de intimidade que o Sergas nega.

Tamén advirten da situación precaria dos dous únicos baños a compartir entre todas as mulleres en dilatación, parto e despertar.

Entre as entidades convocantes estivo a Marcha Mundial das Mulleres, o colectivo Arrolos de Teta, a Asociación Galega de Matronas e a plataforma SOS Sanidade Pública.