O Concello de Ourense insiste no proxecto de prantar 14 mil árbores
Requeriría da axuda da Xunta de Galicia
Ourense | 11.09.2024 09:28
O Concello de Ourense presentou o proxecto de prantación de 14 mil novas árbores para mellorar a calidade de vida e combater o cambio climático o que suporía un custe de 8 a 10 millóns de euros.
Para elo o goberno de Pérez Jácome considera fundamental contar co apoio económico da Xunta de Galicia, lembrando o rexidor que leva 5 meses agardando por un encontro institucional co presidente Rueda para plantexarlle novamente este asunto.
A este respecto os socialistas din apoiar a prantación destas 14 mil árbores, pero din que esixirán responsabilidade e claridade na xestión do proxecto e dos fondos europeus prometidos para elo.
A concelleira Alba Iglesias pide seriedade e que non se continúen perdendo oportunidades de facer de Ourense unha cidade máis verde e habitable.