Ourense |
O Comité de Empresa do Personal da Consellería de Política Social de Ourense denuncia un caso de oscurantismo por parte deste departamento autonómico por non definir como será a xestión do futuro Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional (CAPD) de Ourense.
Explican que nunha recente entrevista coa Secretaria Xeral, non soamente non respostou á pregunta, senón que "nun exercicio de desprezo absoluto aos representantes do personal da provincia de Ourense, a súa constestación foi que "non tiña nada que falar con este comité, xa que o CAPD ainda non tiña representación laboral".
Por elo preguntan cal é o interese da Consellería en que a xestión do CAPD non sexa pública cando a sociedade ourensá así o reclama e esixen que a futura dotación de personal para o centro sexa público ó igual que nos restantes centros de estas características en Galicia.