Obras

Comezaron as obras de remodelación da beirarrúa da Ponte Vella

Foron necesarias expropiacións

Paco Sarria

Ourense | 23.08.2024 09:57

Comezaron as obras de remodelación da beirarrúa da Ponte Vella | onda cero ourense

A Xunta de Galicia comezou as obras de remodelación da beirarrúa de A Ponte Vella que levaba moitos meses pechada ó tráfico peonil por risco de derrube. Esta actuación inclúese nas actuacións que están a ser executadas na nova senda peonil entre Os Remedios e Expourense.

Estas obras da chamada senda do Barbaña forman parte dunha actuación de conxunto que suporá un investimento de 5,4 millóns de euros con outro traxecto que enlaza a estación intermodal coa Ponte Vella ó través da Avenida das Caldas.

Esta obra na beirarrúa era moi demandada debido ó mal estado no que se atopaba e inclúe unha escaleira de acceso á marxe dereita do río Miño.