Comezan os traballos para apagar o lume do vertedoiro de A Rúa
O encargo foi realizado a Tragsa
Ourense |
Preocupan agora os arrastres pola chuvia e resta por apagar o incendio no vertedeiro de A Rúa, despois de varios días e das protestas veciñais.
A Alcaldesa, María Albert, xa anticipaba o venres que veía unha fiestra de oportunidade coa Deputación, que non coa Xunta de Galicia que non aportou solución.
Esa axuda chega entón da man da Deputación que asume a extinción do incendio do vertedoiro municipal de A Rúa ó través dunha contratación de emerxencia.
O presidente Luis Menor manifestou a total disposición a colaborar ó través da contratación dunha empresa especializada.
Menor valora a colaboración institucional para solucionar unha emerxencia e agarda que os traballos comecen este mesmo luns.
Pola sua parte o BNG felicitou ós veciños de A Rúa e á súa Alcaldesa pola presión exercida coa que consideran que obligaron ó PP a facerse cargo de extinguir o lume do vertedoiro. O deputado provincial, Bernardo Varela, manifestou que o importante é que se extinga xa o incendio e que sexa a Xunta de Galicia a que financie os traballos que encarga a Deputación.