Ourense |
A policía local da capital comezará a imponer multas dende hoxe – como mínimo de 100 euros- por circular sen autorización polas rúas do casco histórico.
Para elo, e despois de 3 anos de espera, foron instaladas 17 cámaras para realizar ese control de acceso.
En breve outras 28 cámaras realizarán o mesmo labor nas rúas incluídas na Zona de Baixas Emisións.
O obxectivo é preservar a contorna histórica, reducilo fluxo de vehículos non autorizados e mellorar a mobilidade de residentes e peóns.
O sistema emprega cámaras de alta definición que contrastan as matrículas en tempo real coa base de datos de vehículos autorizados.