A CIG percorre 15 quilómetros en Ourense en demanda de emprego

A CIG protagonizou hoxe unha concentración diante da delegación da Xunta tras percorrer en marcha reivindicativa quince quilometros dende a tecnópole dentro da campaña "Salvemos Galiza" na que propoñen 100 medidas polo emprego. Na protesta á que se sumou o BNG participaron máis dun cento de persoas.

ondacero.es

Ourense | 18.10.2013 11:40

Concentración CIG diante da Xunta | Xesús Álvarez

O delegado da xunta Rogelio Martinez foi un dos aludidos esta mañá na concentración que protagonizou o sindicato CIG diante da delegación da xunta tras percorrer en marcha reivindicativa quince quilometros dende a tecnopole dentro da campaña Salvemos galiza. 100 medidas polo emprego. O secretario da CIG Etelvino Blanco ironizou pedindo que á Casa do Chocolate (Delegación da Xunta) se lle podería chamar a "Casa do chourizo maior". Arredor dun cento de persoas se sumaban á protesta na que tamén se uníu o bng. A mobilizacion coincide co dia mundial para a erradicación da pobreza polo que dende o sindicato lembraron a dramatica situación económica e laboral que padecen moitas persoas desta provincia o que según Etelvino Blanco, xustifica esta loita na que botaron en falla a outros sindicatos e que ten por obxectivo denunciar a política económica do pp na xunta e no goberno central. Ao remate o sindicalista sinalou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo debería dimitir e pedíu á cidadanía que se sumase a protesta que terá continuidade nunha marcha galega conxunta o 19 en Compostela.