Festas

Chega o Samaín ó Concello de Ourense

Noite de Medo

Paco Sarria

Ourense |

Chega o Samaín ó Concello de Ourense | Paco Sarria

A climatoloxía non acompaña a celebración no Concello de Ourense da Noite de Medo no Samaín.

O consistorio programou pese a todo unha serie de actividades que comezan esta tarde ás cinco con un obradoiro de cabazas e outro de maquillaxes previsto inicialmente no Parque de San Lázaro.

O Túnel do Terror estará instalado dende as seis da tarde na Praza do Bispo Cesáreo e o desfile de "Halloween" partira ás sete da tarde dende o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior onde foi instalada unha carpa.

O "Chaioso de Medo", entroutras actividades estará entre a Praza Maior e Santa Eufemia entre as oito e as once da noite e ás once da noite precisamente está previsto o concerto de Herdeiros da Crús na rúa do Progreso.

Como é costume nas programacións de festas dos últimos anos, o festexo rematará coa Gramola Especial para a que será obrigatorio ir disfrazado.

As actividades na rúa Progreso requerirán o peche da mesma habilitándose desvíos.