Ourense |
O presidente do Consello Regulador de Denominación de Orixe Monterrei, Jonatás Gago cesou no seu cargo despois de que catro vocais amosaran as súas discrepancias co presidente deste órgano rector, solicitando un novo pleno para ratifica-lo cese.
Seu sustituto será previsiblemente Manuel Vázquez, propietario de Bodega Lito, de Castrelo do Val.
Gago permañecera no cargo o último ano e medio.
Trátase da primeira vez en 30 anos que ten lugar un cese do presidente do Consello Regulador.