Un camioneiro intenta enganar co tacógrafo á garda civil en Ourense
Circulaba co permiso doutra persoa pola A-52
Ourense |
A garda civil de Ourense interceptou a un conductor que portaba a tarxeta de outro no tacógrafo e que tiña perdida a vixencia do permiso de conducción.
O camioneiro foi interceptado por unha patrulla do destacamento de Tráfico cando conducía un camión artellado que transportaba vehículos.
Tentou enganar sen éxito ós axentes amosando a documentación dun irmán xemelgo, pero os axentes xa tiñan coñecemento desta práctica habitual no investigado.
Localizado nun rexistro exhaustivo o seu verdadeiro documento nacional de identidade comprobouse que perdera a vixencia do seu carnet de conducir, así como que soamente tería permiso tipo “C” que non ampara a conducción deste tipo de vehículos.
Xa que logo foron instruídas dilixencias por un suposto delicto contra a Seguridade Vial que conleva cadea de 3 a 6 meses ou multa de 12 a 24 meses, ou traballos en beneficio da sociedade de 31 a 90 días, e por outro suposto delicto de falsedade documental con penas de cárcere de 6 meses a 3 anos e multa de 6 a 12 meses.
Tamén é investigado como cooperador necesario o titular da tarxeta de conducción que levaba instalada no tacógrafo por ser un documento personal e intransferible.