Deputación Ourense

Cachamuiña contará con unha nova ponte peonil

Novo proxecto para a área natural recretativa

Paco Sarria

Ourense |

Cachamuiña contará con unha nova ponte peonil | onda cero ourense

A Deputación Provincial de Ourense mellorará a accesibilidade na área natural e recreativa de Cachamuíña cunha nova ponte peonil.

A pasarela substituirá á xa existente, eliminando barreiras arquitectónicas nesta zona verde e de esparexemento da cidade e da súa área metropolitana.

Como entidade responsable da xestión deste espazo a institución provincial ten tamén prevista a construcción duns baños públicos e dun parque canino.

A actual pasarela, na cola do encoro, presenta actualmente deficiencias por deterioro e, como consecuencia, ten elevados custes de mantemento.