Municipal

O BNG sospeita que o goberno de DO xa coñecía os problemas da constructora da Avenida de Portugal

Hoxe os veciños están convocados a unha reunión

Paco Sarria

Ourense |

O BNG sospeita que o goberno de DO xa coñecía os problemas da constructora da Avenida de Portugal | onda cero ourense

O grupo municipal do BNG denunciou que a empresa adxudicataria das obras da Avenida de Portugal que permanecen paralizadas dende a semana pasada, informou ó xulgado do seu risco de insolvencia xa en agosto.

A formación nacionalista sospeita que o goberno de Democracia Ourensana coñecía a situación e a ocultou, reprochando ó Alcalde que non adoptase medidas para evitar a paralización actual dos traballos.

Hai que lembrar que a obra foi paralizada pola empresa Opaín polo impago de 400 mil euros por parte do Concello.

Hoxe mesmo os veciños afectados están convocados a unha reunión na cafetería Brooklin na que participarán edís do grupo municipal do PP.

Á súa vez Podemos responsabiliza a toda a oposición de non ter actuado ata o de agora.